
Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.
Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía
eu xa te procuraba.
Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.
Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.
Celso Emilio Ferreiro


2 comentarios:
EU CONTIGO..
Estás enferma, sofres
eu ando errante.
Non podes comunicarte,
eu apenas balbuceo...
Que Deus, que demo permite iso?
maldigo a dor, a tua ausencia,
a impotencia, esta vida...
Lembro algunha vez non estar tolo?
Que o teus poemas medren ata chegar a toda unha antoloxía que che quente o corazón, que che acaricie a alma. Que o amor te envolva, porque ti es amor. Beijos!!!
Publicar un comentario