Obrigado!! Um mais, oxalá de tantos saia um que nos conecte a través do tempo!!
Tinha eu 8 anos e preguntaba todo: mamá que é o horizonte? que é o amor? que é a palabra? Que é o destino?? Anos despois comprendim que nom hai respostas, só inícios. A minha pubertade comezou onte ao oir a tua voz. O horizonte nom existe por moito que nos acerquemos, ti nom existes por moito que nos conhezamos..
Fermosa é a loucura por ti Extensa é cada noite sem ti Intenso é o eco do teu recordo Taciturno é o meu insomnio por ti Inaudito é o destino que nos une, Zurcirei os segundos datua ausencia Explicarei que desexo a cegueira, Insinuarei que a eiva é por ti, Rumiarei que te quero sem cesar Admitirei regresar á infancia e repousar a minha cabeza no teu colo
Por qué as palabras som tan pouco exactas para comprender o que sinto? Seino, estám ao teu servizo, condenadas pola tua beleza
Carlos, a túa sensibilidade é especial. Percibo un agarimo impreso en cada palabra... e non, non esaxero.... A maior verdade é que cada parte de ti exala sensibilidade como o perfume do máis belo das rosas azuis, as miñas frores preferidas.. Da túa sensibilidade moitos deberían estar repletos... máis ti es único e por iso te quero...
2 comentarios:
Obrigado!! Um mais, oxalá de tantos saia um que nos conecte a través do tempo!!
Tinha eu 8 anos e preguntaba todo: mamá que é o horizonte? que é o amor? que é a palabra? Que é o destino??
Anos despois comprendim que nom hai respostas, só inícios. A minha pubertade comezou onte ao oir a tua voz. O horizonte nom existe por moito que nos acerquemos, ti nom existes por moito que nos conhezamos..
Fermosa é a loucura por ti
Extensa é cada noite sem ti
Intenso é o eco do teu recordo
Taciturno é o meu insomnio por ti
Inaudito é o destino que nos une,
Zurcirei os segundos datua ausencia
Explicarei que desexo a cegueira,
Insinuarei que a eiva é por ti,
Rumiarei que te quero sem cesar
Admitirei regresar á infancia e repousar a minha cabeza no teu colo
Por qué as palabras som tan pouco exactas para comprender o que sinto? Seino, estám ao teu servizo, condenadas pola tua beleza
Carlos, a túa sensibilidade é especial. Percibo un agarimo impreso en cada palabra... e non, non esaxero.... A maior verdade é que cada parte de ti exala sensibilidade como o perfume do máis belo das rosas azuis, as miñas frores preferidas.. Da túa sensibilidade moitos deberían estar repletos... máis ti es único e por iso te quero...
Publicar un comentario