miércoles, 29 de julio de 2009

Son ateo?


Son ateo?
Da túa risa,
da túa alma libre,
de teu corpo etéreo,
do teu carinho?

Non,
de xeonllos ofrecido
irei.

Carlos García

2 comentarios:

Carlos de Galiza dijo...

Obrigado!! Um mais, oxalá de tantos saia um que nos conecte a través do tempo!!

Tinha eu 8 anos e preguntaba todo: mamá que é o horizonte? que é o amor? que é a palabra? Que é o destino??
Anos despois comprendim que nom hai respostas, só inícios. A minha pubertade comezou onte ao oir a tua voz. O horizonte nom existe por moito que nos acerquemos, ti nom existes por moito que nos conhezamos..

Fermosa é a loucura por ti
Extensa é cada noite sem ti
Intenso é o eco do teu recordo
Taciturno é o meu insomnio por ti
Inaudito é o destino que nos une,
Zurcirei os segundos datua ausencia
Explicarei que desexo a cegueira,
Insinuarei que a eiva é por ti,
Rumiarei que te quero sem cesar
Admitirei regresar á infancia e repousar a minha cabeza no teu colo

Por qué as palabras som tan pouco exactas para comprender o que sinto? Seino, estám ao teu servizo, condenadas pola tua beleza

agarimosa galega da fronteira oriental dijo...

Carlos, a túa sensibilidade é especial. Percibo un agarimo impreso en cada palabra... e non, non esaxero.... A maior verdade é que cada parte de ti exala sensibilidade como o perfume do máis belo das rosas azuis, as miñas frores preferidas.. Da túa sensibilidade moitos deberían estar repletos... máis ti es único e por iso te quero...